fto

  • Baby Park
  • Cama Elastica
  • Campo de Futbol
  • Casitas de madeira
  • Ricón do deporte
  • Rocódromo
  • Ginkana, piscinas de bolas
  • Zonas Wii
  • Escenario
  • Discoteca

 

O Parque infantil A Mona Ramona ofrécelles unha nova proposta lúdica educativa para excursións escolares de nenos/as de tres a doce anos.

A nosa idea é facer unha mañá diferente, unha excursión de tres horas de duración (ampliable) na que ofrecemos algo alternativo que non é a típica saída a un parque de bolas, ofrecemos unha mañá lúdica educativa, pretendemos que os nenos ademáis de xogar aprendan.

Para iso temos un programa moi entretido co cal os nenos/as o van pasar fenomenal.

O horario de chegada é a concretar co colexio.

Os primeiros corenta e cinco minutos disfrutarán do xogo libre coas instalación.

Despois unha pausa para o almorzo duns vinte minutos.

De seguido facemos un taller creativo (de trinta a corenta minutos) no cal os nenos poidan desenrrolar a súa imaxinación e creatividade, e levar un agasallo aos seus país.

Na siguinte hora poderán divertirse cuns xogos colectivos coordinados polos monitores para fomentar a convivenza, máis do xogo libre coas extructuras ata vinte minutos antes de marchar, que disfrutarán dunha estupenda actuación de maxia.

En A Mona Ramona somos conscientes das dificultades de facer excursións escolares por motivos coma a climatoloxía ou pola falta de atención dos máis pequenos nas excursións culturais, sin olvidar a responsabilidade do profesorado según o programa a realizar, por iso brindámoslle a posibilidade de axudarlles nas súas saídas escolares e recomendámoslles que a súa próxima saída escolar sexa A Mona Ramona polos seguintes motivos:

- Os nenos/as poderán pasalo ben na compaña dos seus amigos.

- O noso equipo de monitores se fará cargo do entretenimiento dos nenos dende a entrada no parque ata a súa saída, sempre coa supervisión do profesorado.

- Pola amplitude das nosa instalacións e a nosa diversidade de xogos.

- As nosas instalacións son cubiertas

- Pola nosa seguridade e a profesionalidade dos monitores.

- Pola nosa amabilidade e simpatía cos nosos clientes.

- Pola nosa brillante limpeza e mantemento.

- Pola nosa situación xeográfica no centro do pobo de Bertamiráns.


O prezo é de sete euros por neno (ampliable, unha hora máis por dous euro) e temos un mínimo de vinte nenos.

É obrigatorio o uso de calcetíns.

 

 

 

luns PECHADO

(salvo reservas cumpreanos)

 

Invierno:

martes a xoves: 16:30hs a 20:30hs

venres a domingo: 16:30h a 21:00h

 

Festivos e Verán: 17:00h a 21:00h